Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións... / SUBVENCIÓN PARA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA

SUBVENCIÓN PARA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA

Anuncios, subvencións, oposicións...

A Consellería de Cultura e Deporte ven de publicar a orde de concesión de subvencións a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades de promoción da lectura e a creación de clubs de lectura para o ano 2009.

As actividades obxecto de subvención serán as seguintes:
Talleres de animación lectora, campañas de animación á lectura, clubs do libro, publicidade das actividades obxecto de subvención (estas non poderán superar o 50% do importe total do orzamento), adquisición de exemplares múltiples para o funcionamento dos clubs, gastos de persoal para dirección e coordinación das actividades e aluguer de servizos técnicos para a relaización das actividades.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 9 de Maio.

Pode consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.