Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / XORNADA DE BAILES AGARRADOS EN PONTEVEDRA

XORNADA DE BAILES AGARRADOS EN PONTEVEDRA

Cursos

Os Chichisos organizan unha xornada lúdica divulgativa, ten por obxecto o dar un amplo visionado a unha das formas do noso baile tradicional, o baile agarrado.
Esta xornada terá lugar o 30 de Maio do 2009 no paseo de río Gafos (a carón do Muíño do Coto) de Pontevedra; e o programa é o seguinte:

17:00 h. Introdución aos bailes agarrados: pasodobre, valse, mazurca...
19:00 h. Merenda campestre
20:00 h. Prácticas dos distintos bailes agarrados

A música estará a cargo dos gaiteiros Airiños de Silvoso, e o mestre de baile será David López, da Agrupación Folclórica Xalgarete de Vigo.
Esta xornada está aberta a todas as idades, e para acudir a ela non é necesario ter coñecementos previos de baile tradicional galego.

Máis información no teléfono 676 842 942