Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / XXVII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA

XXVII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA

Cursos

A Asociación Cultural Cantigas e Frores de Lugo organiza un ano máis o Curso de Cultura Tradicional Galega, que se celebrará no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo os días 9, 10 e 11 de Abril.

Neste curso se impartirán as especialidades de:
-Técnicas de Gaita: Impartida por Agustín Sánchez
-Técnicas de Canto e Pandeireta: Impartida pos Sandra Diéguez
-Técnicas de Baile Tradicional: Impartidas por Gustavo Couto
-Técnicas de Percusión Tradicional: Impartidas por Roi Adrio
-Técnicas de Zanfona: Impatirda por Paulo González

Cada persoa pode inscribirse nunha especialidade. Para as especialidades de gaita, pandeireta, percusión e zanfona, haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.
O prezo da matrícula é de 30€, agás 20€ para socios da A.C Cantigas e Frores e da Asociación de Gaiteiros Galegos. Pagamentos na conta: 2091 0152 29 3040026419

As solicitudes de inscrición pódense enviar a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ao fax 982 265 280, e deberán incluír: Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo postal e electrónico e especialidade na que solicita a inscrición. Cómpre axuntar xustificante de pagamento.

Máis información aquí.