Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / OBRADOIROS XARABAL

OBRADOIROS XARABAL

Cursos

Por 5º ano consecutivo, e coincidindo co 25 aniversario, a Banda Xarabal organiza os seus Obradoiros. Este ano os cursiños celebraranse os días 9, 10 e 11 de abril.

Os cursiños dispoñíbeis nesta edición serán:
* Gaita: técnica e interpretación. Impartido por Diego Mariño
* Empalletado e afinación. Impartido por Xurxo Fernández
* Construción de palletas. Impartido por Patricia Cela
* Percusión tradicional. Impartido por José Carlos Villar Bouza
* Percusión folk. Impartido por Lucía Martínez
* Zanfona. Impartido por Xaime Rivas
* Traverso tradicional. Impartido por José Liz

Todo os obradoiros impartiranse no colexio público San Salvador de Teis(Vigo). O horario de obradoiros é de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.

Sábado 4 de Abril -> Data límite para enviar a preinscrición.
Martes 7 de Abril -> Data límite para que os alumnos/as admitidos nos cursiños fagan efectivo o pagamento

Máis información aquí.