Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións... / SUBVENCIÓNS PARA EDICIÓN EN GALEGO DE RECURSOS DIDÁCTICOS NON UNIVERSITARIOS

SUBVENCIÓNS PARA EDICIÓN EN GALEGO DE RECURSOS DIDÁCTICOS NON UNIVERSITARIOS

Anuncios, subvencións, oposicións...

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ven de publicar unha resolución pola que se regula a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Poderán solicitar estas subvencións as empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nesta resolución e non se encontren incursas nas exclusións previstas na Lei de subvencións de Galicia, e elaboren os recursos didácticos curriculares obxecto desta resolución.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de abril de 2009.

Podedes consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.