I MOSTRA DE ARTESANÍA DE GALICIA
Xoves, 19 Febreiro 2009 09:37
Durante tres días, A Coruña converterase nun punto de encontro de expresións culturais no que as técnicas artesanais se combinarán coas innovacións que chegan da man do deseño e das correntes artísticas, presentadas polos propios artesáns galegos inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía e máis polos representantes das artesanías de todo o mundo.Dentro das actividades complementarias da mostra MOA, terán lugar actuacións de música tradicional, danza contemporánea, proxeccións audivisuais e outras expresións artísticas simultáneamente con un servizo de cóctel para que os expositores e visitantes profesionais poidan consolidar lazos comerciais nun ambiente máis relaxado.
27 de febreiro:
10:00 – 20:30h: Galería MOA
20:30h: Espectáculo “Tradicción” da compañía Nova Galega de Danza.
22:00h: Actuación musical de Nordestinas.
28 de febreiro:
10:00 – 20:30h: Galería MOA
20:30h: Actuación musical de Susana Seivane.
22:00h: Actuación musical de Bonovo.