Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións... / CONVOCATORIA DE SEMINARIOS DE MÚSICA, BAILE E COCIÑA TRADICIONAL GALEGA

CONVOCATORIA DE SEMINARIOS DE MÚSICA, BAILE E COCIÑA TRADICIONAL GALEGA

Anuncios, subvencións, oposicións...

A Secretaría Xeral de Emigración ven de publicar unha resolución pola que se convocan e se regulan os seminarios de baile, música e cociña tradicional galega, dirixidos as entidades galegas do exterior, durante o ano 2009.
Poderán solicitar estes seminarios as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as asociacións inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles. Os seminarios están dirixidos ás entidades que teñan grupo folclórico ou vontade de crealo.
O prazo para presentar a instancia da solicitude, xunto co resto da documentación, remata o 3 de Marzo de 2009.
Pódese consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.