Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións... / Subvencións ás industrias culturais para o ano 2009

Subvencións ás industrias culturais para o ano 2009

Anuncios, subvencións, oposicións...

A Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) publica no DOG do pasado 28 de xaneiro a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o ano 2009. Poderán ser beneficiarios das mesmas as persoas físicas e xurídicas, as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, que cumpran cos requisitos específicos que se sinalan na resolución para cada modalidade de subvención.

As modalidades de subvención que comprende a esta convocatoria son as que seguen:

A. Subvencións á actividade escénica:
a.1. Subvencións á nova creación, a.2. Subvencións a compañías residentes, a.3. Subvencións á actividade escénica no ámbito do teatro, a.4. Subvencións á actividade escénica no ámbito da danza, a.5. Subvencións á actividade escénica no ámbito da maxia.

B. Programa crédito-cultura.

C. Subvencións á promoción e difusión de traballos discográficos.

D. Subvencións á distribución:
d.1. Subvencións á distribución exterior, d.2. Subvencións para a asistencia a feiras e outras plataformas de distribución, d.3. Subvencións á distribución de espectáculos en feira.

E. Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada.

F. Subvencións para o asociacionismo profesional no ámbito das artes escénicas e musicais.


O prazo limite para a presentación de solicitudes remata o día 2 de Marzo.

Para consultar a convocatoria: Convocatoria no DOG