Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Renovación da Xunta Directiva da A.C. Os Abrentes de Cerdedo

Renovación da Xunta Directiva da A.C. Os Abrentes de Cerdedo

Varios

A Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo ven de renovar este mes a súa Xunta Directiva. Ao fronte da nova etapa sitúase coma presidente Rubén Troitiño, quen fixo un avance dalgunhas das actividades previstas pola Asociación para conmemorar os XV anos da creación do Grupo de Gaitas Os Abrentes de Cerdedo.

Entre elas destaca a organización dun serán en Cerdedo, que terá lugar previsiblemente no vindeiro mes de maio.
Tamén se lle pretende dar o pulo definitivo ao libro sobre a historia das bandas de música de Cerdedo, no que veñen traballando dende hai varios anos algúns membros da Asociación.
Ademáis, para o mes de marzo está previsto que Os Abrentes de Cerdedo participen na gravación do programa Alalá da Televisión de Galicia.