Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Ghaiteirada na Baña

Ghaiteirada na Baña

Varios


O próximo venres 23 de Xaneiro, dende as 21:00 h e ata que remate celebrarase unha ghaiteirada no Local Social da Baña (climatizado con lareira), situado na rúa de detrás do Centro Médico da Baña.

Poderase disfrutar, por poucos cartos, de chourizos ó viño, viño sen chourizos, cervexas, licor café, moita música, moito baile e moita festa.
Os beneficios destinaranse á organización da Festa Rachada.

Quedades invitado a asistir, e lembrade levar os instrumentos ou calzado cómodo.

Organiza: EMT da Baña