Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / DANZA DE SAN SEBASTIAN EN ALDÁN

DANZA DE SAN SEBASTIAN EN ALDÁN

Varios

O vindeiro martes, 20 de Xaneiro, celebrarase a Danza de Aldán na parroquia do mesmo nome, en Cangas do Morrazo. Esta danza tan sorprendente e particular celébrase desde fai máis de 300 anos, e ten relación con outras danzas que se realizan na comarca do Morrazo.

A Danza de San Sebastián ten lugar cada 20 de Xaneiro en Aldán, coincidindo coa festividad deste santo. Nela participan 10 galáns, cinco damas e unha guía. Os homes levan un traxe negro, chapeu de fieltro e zapatos negros. No peito levan unha banda coas cores da bandeira nacional. As mulleres van vestidas de branco, mantón de Manila, mandil negro, panos de distintas cores sobre os ombreiros e uns vistosos chapeus adornados con flores e cintas como símbolo de fertilidad.

A procesión de San Sebastián acompáñase dita danza na cal non hai cánticos, só gaita e tambor. Iníciase o baile pedindo permiso ao Santo e durante a marcha realízase unha danza e unha contradanza. O baile dura unha hora e acaba cunha muiñeira ante a imaxe de San Sebastián. O baile xurdiu como unha ofrenda ao Santo para que librase aos veciños da peste.