Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / SETIMAS NOITES DE TASCA

SETIMAS NOITES DE TASCA

Varios





O próximo venres 26 de Decembro, a partires das 21 h., celebraranse as Sétimas Noites de Tasca no Bar Calviño en Pontepedra (Tordoira). Esta xornada, organizada pola Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes, contará coa presenza de Os Receiros de Ponte Carreira (Frades), os Panxoleiros de Santaia e os Vellos Pandereteiros e Bailadores de Tordoia.
A organización estende unha cordial invitación para todas aquelas persoas ás que lles apeteza ir tocar con eles; ademais, os participantes recibirán un agasallo.