Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXI XORNADAS DA GAITA NO ATENEO FERROLÁN

XXI XORNADAS DA GAITA NO ATENEO FERROLÁN

Varios

O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 20 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.
Unha das súas características específicas é a participación de grupos de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fora de Galicia pero, que teñan tamén na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable, servindo así de contraste e comparación da nosa música coa doutras culturas e músicas afíns.
Nestas XXI Xornadas da Gaita participarán a Banda de Gaitas Agarimo, Vaamonde, Lamas & Romero, e Roncos do Diabo.

19 e 20 de Decembro no Ateneo Ferrolán ás 20:30 h. Entrada libre e gratuíta..

Venres 19: BANDA DE GAITAS 'AGARIMO' (Ferrol) e 'RONCOS DO DIABO' (Portugal)
Sábado día 20: 'TRÍO VAAMONDE, LAMAS & ROMERO' (Galiza)