I CURSO DE INICIACIÓN AOS INSTRUMENTOS DE VENTO HISTÓRICOS
Martes, 02 Decembro 2008 13:35
Durante os días 6 e 7 de Decembro, na Vila de Sarria (Lugo), levarase a cabo un interesante curso de iniciación aos instrumentos de vento históricos. As clases serán tanto individuais como colectivas e estarán apoiadas con talleres de luthería. Trátase dun curso idóneo para todos aqueles que senten curiosidade polas orixes do seu instrumento moderno e queren probar os seus antecesores.Entre outros, estarán dispoñibles instrumentos como Trompeta Natural e Barroca, Corneta renacentista (Cornetto), Chirimía, Sacabuche e Serpentón, Bajón e Bajoncillo, Cromornos, Frautas de bico, Traverso renacentista e barroco, Percusión... Encargaranse de impartir o curso, recoñecidos mestres da nosa comunidade e de outras partes do estado como os Irmáns Perez Varela (Murcia), Elíes Hernandis (catedrático do conservatorio superior de Madrid), María Ruiz (Ciudad Real) e Carlos Vázquez e Abraham Cupeiro dende Sarria.
No seguinte enlace tedes a información completa e a folla de inscrición. Lembrade que as prazas son limitadas.
Curso instrumentos históricos