BAILAS? CURSOS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL
Martes, 30 Setembro 2008 09:40
A Asociación a Fervenza de Ouzande convoca a todas as persoas interesadas nos cursos de gaita, baile e pandeireta a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 4 de outubro no local social de Ouzande ás 4 e media da tarde.
Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA e BAILE, que en todo caso terán lugar os sábados pola tarde.
As clases de GAITA será todos os venres ás 9:30 da noite.
Nesta reunión terá lugar unha actuación por parte do grupo de gaitas da Fervenza. As persoas que veñan por primeira vez tamén poden traer a súa pandeireta, se a teñen.
Máis información...