Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Himno de Galicia: Partitura Oficial

Himno de Galicia: Partitura Oficial

Varios

Nos últimos tempos téñense detectado distintas versións do Himno de Galicia nas interpretacións que os/as gaiteiros/as do país fan nas súas actuacións. Despois de facer unha primeira consulta no Diario Oficial de Galicia, observouse que na lei 5/1984 publicáronse con total precisión aspectos relativos á bandeira, ao escudo e máis á letra. Non entanto, no referente á partitura o texto do Diario Oficial de Galicia ten levado ás distintas versións xa referidas: "a partitura non se publica por ser coñecida nos medios interesados".

Á vista da situación Iván Area e Suso Vaamonde teñen feito un traballo de procura da versión oficial da partitura, que aparece recollida no libro "Normas Institucionais de Galicia" fornecido pola Vicepresidenta do Parlamento de Galicia, dona María Tereixa Paz Franco, a quen agradecemos o seu tempo para unha difusión das letras e partitura oficiais. Para facilitar o traballo dos/as gaiteiros/as publícase ademais unha versión para dúo de gaitas e percusión arranxada por Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero.

Sinalar que no relativo á letra do himno inclúese a letra oficial do Himno publicada na Lei de Símbolos (1984), que presenta algunhas modificacións a respecto do texto orixinal de Eduardo Pondal de 1890.
Para todo o relacionado coa letra do Himno e o proceso histórico de transmisión, pódese consultar a obra De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, de Manuel Ferreiro (editorial Laiovento, Santiago de Compostela, 4º edición).

Máis información Ligazons a arquivos de interese relacionados coa nova:

Partitura do himno que aparece no libro "Normas Institucionais de Galicia"

Partitura do arranxo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero