Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / GALEGAPOLOSCINCOSENTIDOS

GALEGAPOLOSCINCOSENTIDOS

Varios

A “Factoría de cultura” convídanos a todas e a todos pasar pola carpa "Galegapoloscincosentidos", dentro da programación das Festas da Cidade de Ourense 2008, do 26 ao 29 de xuño. Un espazo e un tempo para desfrutar desas festas "ao noso xeito" de galegas e galegos.

Dende a "Factoría de cultura" opinan que ó éxito de calquera festa depende da participación, motivación e implicación de quén festexa, mais que do "nome" ou "caché" dos artistas "invitados".
No caso concreto da carpa "Galegapoloscincosentidos", deseñaron as actividades procurando esa participación e implicación, sexa cal sexa a idade, e procurando abarcar diferentes "gustos" e "xeitos", mesmo musicais, dende o "power pop", iso si, galego, ate os nosos cuartetos e pandereteiras mais tradicionais, pasando claro pola música folk...

Convídanos a participar nos diferentes obradoiros, a asistir aos concursos (de empanada caseira, por exemplo...), a levar as nosas fotos relacionadas coa cultura galega para proxectar, a asisitir ás diferentes proxeccións de audiovisual galego, a vestrinos o domingo co traxe tradicional,...ou simplemente, a que pasemos a picar ou beber algo (¿sería galega se non houbera de comer e beber?)

Máis información en...