SEMINARIOS DA MÚSICA
Luns, 14 Abril 2008 16:16
O IGAEM patrocina o curso que organiza do 7 ao 9 de maio en Compostela "Seminarios de la música", en colaboración coa Universitat Pompeu Fabra. Trátase dun seminario intensivo de formación sobre o negocio da música que "revisa e actualiza as estratexias de explotación das principais actividades xeradoras de negocio: a composición, a gravación e a interpretación".No marco deste encontro, que se desenvolverá no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago (Polígono de Costa Vella. Rúa da República Checa, 40), celebrarase un relatorio baixo o título "Liñas de apoio empresarial da Administración Pública de Galicia".
-Na páxina http://www.seminariosdelamusica.com/santiago.html está dispoñible o programa do curso en Compostela, así como a persoa de contacto.
-As prazas son limitadas. Para formalizar as inscricións: http://www.seminariosdelamusica.com/inscripcion.html
-Máis información sobre Seminarios de la Música e sobre o profesorado: http://www.seminariosdelamusica.com/