Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / XIII XANTAR GAITEIRO

XIII XANTAR GAITEIRO

AGG

O pasado Domingo 30 de Marzo, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou o seu tradicional encontro na XIII edición do Xantar Gaiteiro. Máis de 150 persoas se deron cita no restaurante do Hotel Jorge I da cidade de Lugo para disfrutar dun bo xantar na compaña de algúns dos máis ilustres mestres da nosa música tradicional. Deste xeito, ao remate da comida, puideronse escoitar as interpretacións de Desiderio Sampaio, César Fernández, Manolo Viqueira, Nela ou O Freixo de As Pontes, quen, con case 90 anos, é un dos gaiteiros de maior idade en activo. Todos eles foron presentados por David Amado, quen puxo a nota de humor cos seus atrevidos monólogos. Grupos como o cuarteto de Marín Picuiña, Os Melidaos, Caivanca, Millo Verde ou Os Viqueiras completaron unha xornada musical que se prolongou ata a noitiña.

Podedes ver diversas fotos do evento no seguinte enlace:

Fotos XIII Xantar Gaiteiro