XORNADAS SOBRE O RÉXIME LABORAL E FISCAL PARA ACTIVIDADES ARTÍSTICAS
Luns, 24 Marzo 2008 10:36
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o sábado 5 de abril as "Xornadas sobre o Réxime Laboral e Fiscal para Actividades Artísticas". Terán lugar na Aula Sociocultural da Fundación Caixa Galicia, en A Coruña, cun horario de 10:00 a 14:00 horas.O obxectivo destas xornadas é o de analizar a casuística fiscal das relacións que se producen entre os promotores de eventos culturais e os artistas musicais, ademais de establecer o marco fiscal e laboral de cada relación.
Dende a AGG cremos que é necesario informar e dar a coñecer dunha forma pedagóxica as diferentes opcións legais, fiscais e contables das que se dispoñen para exercer actividades culturais.
Para asistir a estas xornadas é necesaria unha inscrición previa que deberá realizarse antes do 3 de abril. Esta inscrición é totalmente gratuita.
Tod@s aqueles interesad@s poderán formalizala a través do correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no teléfono 986 847 074