Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

AGG

Coa experiencia da primeira edición do Congreso, e constatado o interese xerado polos seus contidos, participantes e desenvolvemento xeral, como a resposta positiva dos asistentes, A Asociación de Gaiteiros Galegos, asume o reto de reeditar a cita e avanzar nas súas propostas.

O II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, os días 7, 8 e 9 de Decembro e pretende abarcar todos os ámbitos educativos de música tradicional existentes na actualidade en Galicia e tamén incluír a maioría das disciplinas que se imparten nos distintos centros.

Trátase de non excluír a ningún profesor ou profesora, alumna ou alumno, para que toda a comunidade educativa se vexa implicada neste proxecto e poida tirar conclusións que lle axuden no seu traballo diario.

Nesta ocasión, ademais de tratar a situación do ensino da música tradicional nas escolas de música, conservatorios e asociacións culturais, centrarémonos especialmente no ensino obrigatorio. O futuro das nosas tradicións, da nosa música, a nosa lingua, canto e baile, pasa inevitablemente pola transmisión destes coñecementos ás novas xeracións, para que saiban conservalos e respectalos.

Aquí xoga un papel importantísimo a escola, e dentro dela os mestres e mestras, aos que debemos proporcionar os materiais, métodos e asesoramento preciso para desenvolver tan importante faceta.

Máis información e boletín de inscrición
Este relevante congreso está patrocinado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, así como pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela. Na súa organización colaboran a AS.PG e a CIG, xunto coas Universidades de A Coruña e Vigo.

Nel poderanse escoitar un total de cinco relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos que tratarán temas tan interesantes como os coidados básicos da voz e exercicios prácticos para cantar dun xeito saudable; xogos populares e tradicionais galegos ; así como a aplicación das novas tecnoloxías no ensino da música tradicional.

Estes relatorios alternaranse con sesións plenarias onde se falará de xeito aberto de temas como as estratexias metodolóxicas para ensinar a temperar e afinar unha gaita ou as técnicas para interpretar a requinta de xeito tradicional. Tamén contaremos con obradoiros prácticos e ademais presentaranse as diferentes comunicacións seleccionadas para este Congreso.

O II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela os días 7,8 e 9 de Decembro.

A inscrición ten un custo de 10 € para socios da AGG, da AS-PG, afiliados á CIG e estudantes e de 25 € para outros interesad@s. Poderase levar a cabo a través de correo postal enviando o boletín de inscrición, xunto co xustificante de pago, ó seguinte enderezo:

Rúa Alfonso XIII, nº7 - oficina 8
36002-Pontevedra

ou ben por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

PROGRAMA DO II CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

VENRES 7 DE DECEMBRO

TARDE 16.00 H A 22.00 H

16.00 h – Recepción e reparto de material.

16.30 h – Inauguración e apertura do “II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.”

17.00 h – 18.30 h – I OBRADOIRO: “Taller de construción de xoguetes sonoros.” Relator: Luciano Pérez. SALA MOZART

18.30 h – 19.00 h – I COMUNICACIÓNS. SALA MOZART

19.00 h – 19.30 h – DESCANSO.

19.30 h – 20.30 h – I RELATORIO: “Presentación da colección: Repertorio básico para gaita e percusión Galega” Suso Vaamonde e X.L. Romero SALA MOZART

20.30 h – 22.00 h – I MESA REDONDA. “Estratexias metodolóxicas para ensinar a temperar e afinar unha gaita.” Mesa redonda formada por Jose Manuel López “Josele”, Iván Costa e Óscar Ibáñez. SALA MOZART


SÁBADO 8 DE DECEMBRO

MAÑÁ DE 10.00 H A 14.00 H

10.00 h – 11.00 h – II RELATORIO: "Coidados básicos da voz e exercicios prácticos para cantar dun xeito saudable". Relatora: Beatriz Riobó. SALA MOZART

11.00 h – 11.30 h – II COMUNICACIÓNS. SALA MOZART

11.30 h – 12.00 h – DESCANSO.

12.00 h – 14.00 h – II OBRADOIRO: “Xogos de baile tradicional.” Relator: Luís Prego. SALA MOZART

16.00 h – 18.00 h - Emisión en directo dende o Congreso do programa da Radio Galega “ Lume na Palleira” SALA CIRCULAR


TARDE DE 16.00 H A 22.00H

16.00 h – 17.30 h – CONCERTO DIDÁCTICO: “Instrumentos Pobres” a cargo de Xavier Blanco. SALA MOZART

17.30 h – 19.00 h – III RELATORIO “Xogos populares e tradicionais galegos.” Relator: Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. SALA MOZART

19.00 h – 19.30 h – DESCANSO.

19.30 h – 20:30 h – IV RELATORIO “A orixe da requinta.” Relator: Pablo Carpintero SALA MOZART

20.30 h – 22:00 h – II MESA REDONDA: “A requinta. Técnicas para interpretala dun xeito tradicional.” Mesa redonda formada por Xosé Liz, Pablo Carpintero, Olimpio Xiráldez. SALA MOZART


DOMINGO 9 DE DECEMBRO

MAÑÁ DE 10.00 H A 14.00 H

10.00 h – 11.30 h – V RELATORIO “Aplicación das novas tecnoloxías no ensino da música tradicional. Edición de partituras e recursos informáticos.” Relator: Roberto de Andrés. SALA MOZART

11.30 h – 12.00 h – III COMUNICACIÓNS. SALA MOZART

12.00 h – 12.30 h – DESCANSO.

12.30 h – 14.00 h – III OBRADOIRO: “Cantigas para os mais pequenos.” Relator: Antón Castro. SALA MOZART


TARDE DE 16.00 H A 19.00H

16.00 h – 17.30 h – IV OBRADOIRO: “Danzas gremiais.” Relator: Francisco Xabier Álvarez - Castro Floxo. SALA MOZART

17.30 h – 19.00 h – V OBRADOIRO: “O ensino da percusión tradicional.” Relator: Francisco Estévez “Chuco” SALA MOZART

19.00 h – Clausura do “II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.”

Boletín de inscrición e Programa completo

Para calquera dúbida ou para solicitar máis información poñerse en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos no 986 847 074 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo