Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Encontros de Música Tradicional no Carboeiro (4 de xuño de 2005)

Encontros de Música Tradicional no Carboeiro (4 de xuño de 2005)

Varios

a festa
a festa non cae do ceo nin a programan por decreto grises políticos
dende escuros despachos a festa nace da xente ou non é nada. Nace da xente o sorrir, o se xuntar, o andar de troula, o botar unhas bailas...

os encontros
os encontros frente a frente e man a man son persoas vidas de toda a
parte con calquera idade os encontros son compartir, ver, escoitar e aprender

os encontros de música tradicional
os encontros de música tradicional son celebración da eternidade dos
tempos e de que algo do que temos ou tivemos o sabemos vivo
os encontros de música tradicional son sen vatios nin caché, sen luces
nin mercadotecnia.

a festa dos encontros de música tradicional en Carboeiro
a festa dos encontros de música tradicional en Carboeiro nace de xente
que quer compartir melodías e sentimentos, que hai quen di que están
pasados e hai quen temos moi presentes.
a festa dos encontros de música tradicional en Carboeiro é a historia
dunha gaita que quería pandeireta e atopou bombo e caixa, culleres, sacho, acordeón, requinta, clarinete, tarrañolas, cunchas... ¿cousas boas, cousas malas... sonche as nosas, mamadas dos nosos vellos que non precisaron ir a Escocia.