Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XVII XORNADAS DE FOLCLORE DA ZONA SUR

XVII XORNADAS DE FOLCLORE DA ZONA SUR

Varios

O sábado 24 de Novembro, a Asociación Folclórica Andarela celebrará as "XVII Xornadas de Folclore da Zona Sur". O lugar de celebración será novamente o Centro Cultural "HELIOS" de Bembrive, sito na Praza do Mosteiro s/n en Mosteiro-Bembrive. Existe a posibilidade de xantar na cafetería do Centro Cultural.

As inscripcións poderanse realizar ata o 23 de Novembro do seguinte xeito:

- Correo electrónico: Enviando unha mensaxe ó enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo cos seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono ou dirección electrónica de contacto, nome da Asociación (de se-lo caso), actividade/es na/s que se inscribe.

- Teléfono: No teléfono da asociación (617 343 947)

Por razóns de operatividade, é mais convinte a inscrición por correo electrónico, polo que pregámosvos que, de ser posible, utilicedes esa vía.

A cota de inscrición é de 10 Euros (5 Euros para os socios da A.F. Andarela) e o abono da mesma realizarase o sábado 24 de Novembro no lugar de celebración das xornadas, e antes do inicio das mesmas.

Para calquera aclaración ou dúbida podedes contactar coa asociación no teléfono 617 343 947.

Programa das Xornadas 10.00 h. Presentación das xornadas e entrega do material
10.30 h. Comezo das ponencias dacordo cos seguintes bloques e horario:

BLOQUE I. CANTO E INSTRUMENTOS TRADICIONAIS

10:30h. CANTARES E RITMOS TRADICIONAIS GALEGOS
Poñente: Sandra Diéguez García

13:30h. Remate da sesión da mañá

16:00h. A CADEA CRÍTICA DOS NOSOS INSTRUMENTOS
Poñente: Xavier Blanco

19:00h. Remate da sesión da tarde

BLOQUE II. DANZA TRADICIONAL AVANZADA

10:30h. CLASE PRÁCTICA DE DANZA TRADICIONAL (I)
Poñente: José María Cebeiro Fernández

13:30h. Remate da sesión da mañá

16:00h. CLASE PRÁCTICA DE DANZA TRADICIONAL (II)
Poñente: Francisco J. Feijoo (Chisco)

19:00h. Remate da sesión da tarde

19:05h. Clausura das Xornadas e entrega de diplomas

19:30h. Viño de Confraternización