Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

O Concello de Ramirás inaugurará o vindeiro Sábado día 6 de Outubro a súa primeira escola de Baile e Música Tradicional. O nome escollido para esta escola é o de “ Rebulir ”. Estará situada no Centro Sociocultural de San Andrés, no pobo de Vilavidal pertencente a dito Concello.

O curso partirá con un número aproximado de 40 alumnos de todas as idades, desde 4 anos en adiante. Impartiranse clases de Baile tradicional, Canto e Pandeireta, Gaita Galega e Percusión Tradicional, complementando a súa formación con nocións básicas da etnografía galega. Tamén se organizarán periodicamente outras actividades paralelas para o lecer dos dos alumnos e demais habitantes do Concello tales como : festivais, xornadas lúdicas, a II noite de fiadeiro, xornadas de xogos tradicionais ... etc. A matrícula nesta escola é totalmente gratuíta xa que está financiada na súa totalidade polo Concello de Ramirás.

Nace así un núcleo para a recuperación e mantemento da tradición neste recuncho da Provincia de Ourense, engadindo un granciño máis a contribución que algúns grupos están a facer a prol da cultura do noso país.

Para máis información chamar o teléfono 639 90 80 05 ou no correo de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo – Alexandre Sotelino Losada ( Mestre da escola Rebulir)