A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 29 de setembro as "Xornadas sobre o Réxime Xurídico e Fiscal para Actividades Artísticas". Terán lugar no Auditorio da Sede da Fundación Caixa Galicia, na Rúa do Vilar, en Santiago de Compostela, cun horario de 10:00 a 14:00 horas.
O obxectivo destas xornadas é o de informar das diferentes opcións legais, fiscais e contables das que se dispoñen para exercer actividades culturais. Serán totalmente participativas e abertas para que todos os asistentes plantexen as súas dúbidas.
Dende a AGG cremos que a normalización e a xestión adecuada destas actividades é necesaria para poder ofrecer unhas condicións de traballo seguras e uns salarios dignos.
Para asistir a estas xornadas é necesaria unha inscrición previa que deberá realizarse antes do 27 de setembro. Esta inscrición é totalmente gratuita.
Todos aqueles interesados poderán formalizala a través do correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no teléfono 986 847 074 (Roi ou Patri) indicando nome completo e teléfono de contacto.