XL CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS
Venres, 24 Agosto 2007 08:58
O concello de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición do Concurso de Gaitas de Ponteareas que, con este acada á súa cuadraséxima edición. A fase eliminatoria terá lugar o sábado 22 de setembro, mentras que a fase final celebrarase no Auditorio Reveriano Soutullo o domingo 23 de setembro a partir das 11:30h da mañá.Nesta fase final serán interpretadas dúas pezas de libre elección que, ao igual que as interpretadas na fase eliminatoria, serán de raíz melódica galega. Igualmente en ámbalas fases non se admitirá a interpretación de suites nin de popurrís.
Poderán participar no concurso tódolos grupos de gaitas tanto de Galicia como dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional. Os interesados teñen de prazo ata o día 14 de setembro do 2007 para mandar as súas inscricións.
RELACIÓN DE PREMIOS:
- 1º premio 1.800,00 € (Feliciano Barrera)
- 2º premio 1.200,00 €(Grupo de Empresas Regino Giraldez Boo “Construcción e Carpintería”)
- 3º premio 900,00 € (Irmáns Rodríguez Sobral)
- 4º premio 600,00 € (Concello de Ponteareas)
BASES COMPLETAS DO CONCURSO e FOLLA DE INSCRICIÓN





