Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Tradescola realizará a vindeira semana concertos didácticos para escolares de Outeiro de Rei

A Tradescola realizará a vindeira semana concertos didácticos para escolares de Outeiro de Rei

Varios

cartaz cdtrad_decembro outeiro de rei - copiaA Tradescola realizará o vindeiro mércores unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, o día 20 de decembro achegarase ata Outeiro de Rei, concretamente ao CEIP Laverde Ruiz, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase tres concertos didácticos neste centro, como parte do premio pola participación no X Certame de debuxo para escolares que se realizou o pasado curso, e no que foi gañadora Aroa Fernández Barreiro. 
O concerto estará impartido polos mestres da Tradescola Lucía Eiros, Jose Manuel López, Miguel Anxo López e Roberto Rodríguez, e nel amosaránselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.