Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Xornadas de baile tradicional da AGG en Cedeira

Xornadas de baile tradicional da AGG en Cedeira

Varios

 

cartaz xbailedeco_2023_web -pqA AGG organiza o vindeiro domingo 3 de decembro, unha nova edición de xornadas de baile tradicional que terán lugar en Cedeira. Nelas contaremos con obradoiros guiados por Olga Kirk, Xisco Feijoó e Sergio Cobos.

Os obradoiros destas xornadas, subvencionadas pola Deputación de A Coruña e que contan coa colaboración do concello de Cedeira e da Asociación Cultural Buxainas, están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile tradicional, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición. 

PROGRAMA:

(3 DE DECEMBRO) - Cedeira

11.45 - Apertura

12.00 – Relatorio - Obradoiro I

“ O baile solto en Santa Comba” - Olga Kirk

13.30 – Remate sesión da mañá

16.00 - Relatorio – Obradoiro II

“Formas da música e danza nas jotas antigas do serán” – Xisco Feijoó

17.30 – Descanso

17.45 - Relatorio – Obradoiro III - Sergio Cobos

DATA: Domingo 3 de decembro

LUGAR: CEIP Nicolás del Río – Cedeira (A Coruña)

INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  , indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

* Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o martes 28 de novembro para inscribirse, e partir desa data si quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, por orde de chegada.

A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.