Fondo pesar polo pasamento de Gabi, gaiteiro referente en grupos imprescindibles dos anos 90.
Luns, 18 Setembro 2023 18:22
Varios

Unha triste nova para o noso colectivo, finou "Gabi, gaiteiro referente en grupos imprescindibles na evolución e na actualización na música de gaita nos anos 90 do pasado século, Gabi formou parte da agrupación folclórica Brisas da Terra, e deixanos a súa interpretación en discos como o de "Durindaina" e os de "Pallamallada"; lembramos o seu paso amenizando o "Domingo das mozas en Lugo", pero sobor de todo temos presente a súa labor como mestre en asociacións e que formou a moitos nenos e nenas que hoxe son gaiteiros.
Temos moito pesar pola súa perda, compartimos a dor da súa familia e choramos a súa ausencia, levarémolo na memoria sempre, como un referente que sempre foi para todos nós.
*Fotografía de Carlos Peixoto