A TRADESCOLA ORGANIZA DOUS NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DE LUGO.
Martes, 06 Xuño 2023 15:45
A Tradescola, escola de música ebaile tradicional galego que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará mañá unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional. Concretamente, achegarase ata os CEIP As Gándaras e CEIP A Ponte de Lugo, para impartir dous concertos didácticos de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.
Realizaranse dous concertos didácticos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Germán Díaz, Roberto Rodríguez, Míguel Anxo López, Alberte Núñez e Jose Manuel López no que lles amosarán aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.
Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.