Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Hoxe é un día de moita tristura para o mundo da música tradicional; no colectivo da AGG estamos de loito por ter que despedir a Alejo Pacín Jul

Hoxe é un día de moita tristura para o mundo da música tradicional; no colectivo da AGG estamos de loito por ter que despedir a Alejo Pacín Jul

Varios

img 20201011_132228Hoxe é un día de moita tristura para o mundo da música tradicional; no colectivo da AGG estamos de loito por ter que despedir a un dos nosos membros, Alejo Pacín Jul, gran gaiteiro, violinista e unha maravillosa persoa moi querida por todas e todos os que o coñeciamos.


Unha grande perda para o mundo da música tradicional pois a pesar da súa xuventude era un músico de grandísima calidade profesional e humana.

Dende a Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos lamentamos profundamente esta perda, e queremos manifestar o noso máis fondo pesar a súa familia e amigos.

Sempre estarás presente na nosa memoria. Que a Terra che sexa leve. DEP