Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Gaiteiras que abren camiño

Gaiteiras que abren camiño

AGG

asquedormenentreocenteo presentacionlibro_webA Asociación de Gaiteiras Galegas (AGG) ven de publicar un novo traballo que leva por título “As que dormen entre o centeo”, un proxecto pioneiro que busca dar pulo e visibilidade á creatividade das mulleres do ámbito da gaita galega, tradicionalmente moi masculinizado. O libro reúne trinta e dúas composicións inéditas de dezaseis autoras, entre as que atopamos dende nomes consagrados á representación das xeracións máis novas do instrumento e nel mestúranse diferentes estilos e linguaxes en pezas tanto para gaita sola como conxunto de gaitas. Ás partituras engádese un disco que recompila doce dos temas compostos, e un limiar obra de Pilar Rego.

Coa edición de “As que dormen entre o centeo”, levada a cabo pola Asociación de Gaiteiras Galegas e subvencionado pola Deputación da Coruña, buscamos poñer chanzos cara a normalización das gaiteiras e compositoras para gaita, promovendo un libro-disco protagonizado por músicas unicamente femininas, engadindo outro grao de area na consecución de paliar a falla de publicacións con composicións feitas por mulleres. Aínda que este libro reúne só unha pequena mostra das gaiteiras do país, agardamos que sirva tanto para visualizar o seu potencial creativo como para iniciar un camiño que outras autoras se animen a percorrer, mulleres que loitaron e loitan por facer da gaita un instrumento para todas.

Queremos convidarte a coñecer esta publicación no acto de presentación que organizamos o vindeiro domingo 18 de xuño no Auditorio da Casa de Rosalía e no cal participarán algunhas das autoras, así como as coordinadoras da obra. A entrada é gratuita e libre ata completar aforo.

Máis información nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo