A Tradescola celebrará os maios cos seus alumnos na Praza Maior de Lugo!
Venres, 28 Abril 2023 16:36









A partir das 17.00 horas terá lugar a elaboración dun maio figurado a cargo das/os nenas /os que se recubrirá con fentos, fiuncho, herbas e frores silvestres (na praza Maior de Lugo).
A continuación, a Tradescola ofrecerá distintas actuacións nas que se poderá gozar de numeroso repertorio tradicional cantado e bailado ao redor dos maios.
O programa da celebración será o seguinte:
Martes 2 de maio
De 17.00 a 17.30 horas: Elaboración de maios figurados.
A partir das 17.30 horas: actuacións arredor do maio a cargo de grupos de baile, canto e pandeireta, percusión e zanfona da Tradescola.
Esta é unha nova actividade que se suma ás levadas a cabo durante o curso, no que a maiores das aulas impartidas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical, están realizándose tamén certames e concertos didácticos de música Tradicional para escolares de distintas comarcas da provincia. ESPERÁMOSVOS!!!!