Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Concerto didáctico da Tradescola en Sarria

Concerto didáctico da Tradescola en Sarria

Varios

cartaz cdtrad_abrilA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, realizará o vindeiro luns unha nova actividade de promoción e difusión da música e do baile tradicional na provincia. Concretamente, o día 24 de abril achegarase ata o concello de Sarria, concretamente á EEI Xela Arias, para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos nos distintos centros.

Realizarase un concerto didáctico, que estará impartido polos mestres da Tradescola Lucía Eiros e Xabier Iglesias, no que lles amosarán aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Dende a Tradescola trabállase a reo para poder transmitir os coñecementos das nosas tradicións da mellor maneira posible ás novas xeracións, para que saiban conservalos, respectalos e poñelos en valor.

Estos concertos son moi importantes para a Tradescola, xa que estes posibles novos músicos e bailadores serán os que xoguen un papel básico no futuro das nosas tradicións, da nosa música, canto e baile e como non, tamén da nosa lingua.