Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións... / AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

Anuncios, subvencións, oposicións...

Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro a Deputación de Pontevedra establece as bases reguladoras de concesión de axudas a estas escolas de música.

O importe total das axudas será de cincuenta mil euros (50.000,00 €) e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2007.

Podedes consultar as bases aquí ou ben no Boletín Oficial da Provincia, data 27/07/07, número 145, páxina 12, anuncio 2007007216.

BASES DA CONVOCATORIA 1.— OBXECTO
Esta convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que radiquen na provincia de Pontevedra, desde o 1 de xaneiro de 2007 ata o 31 de decembro de 2007.
O importe total das axudas será de cincuenta mil euros (50.000,00 €) que se financiarán con cargo á partida 07/451.422.489.09 do orzamento provincial para o ano 2007.

2.— SOLICITANTES
Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ao final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra.

3.— LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 30 de setembro de 2007.

4.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación, achegando ademais a seguinte documentación:

1.Fotocopia cotexada do C.I.F. da Entidade titular do Centro
2.Fotocopia cotexada do DNI do representante da Entidade
3.Certificado da conta bancaria a nome do solicitante
4.Orzamento de gastos da Escola
5.Relación de persoal docente e non docente
6.Número de alumnos matriculados no curso 2006/2007
7.Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades
8.Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria.
9.Declaración de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

5.— VALORACIÓN DAS SOLICITUDES
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, polo menos, os seguintes criterios:

1.Número de alumnos matriculados no curso 2006/2007, ata 25 puntos.
2.Número de profesores, ata 15 puntos.
3.Orzamento da escola de música, ata 60 puntos.
As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente.
Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.
A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes.

6.— PAGAMENTO
As subvencións estarán condicionadas aos orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado).
Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención.
O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade.
O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25ª.8ª – 2.f) de execución do orzamento 2007, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade, no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2008.

7.— OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra.

8.— ÓRGANO COMPETENTE PARA A APROBACIÓN DE BASES
De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2007 e dando cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno.

9.— DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2007 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.