2º encontro Celme de Zanfona en Lugo
Venres, 27 Maio 2022 15:48








O encontro, que está coorganizado pola AGG, o CENTRAD, Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Área de Cultura do Concello de Lugo, desenvolverase baixo o epígrafe “A esencia da Zanfona Galega: Orixe, sons, textos e contextos” e pretende converter a Lugo nun punto de encontro de todas as persoas interesadas na zanfona, nun espazo de dialogo e de exposicións de ideas que siga xerando riqueza para o patrimonio musical deste pais.

Podedes ver o programa completo no seguinte enlace: http://gaiteirosgalegos.gal/images/files/2022/programa_2celme_de_zanfona_2022_dixital.pdf