Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / DÍAS DE CAMPÁS E CAMPANEIROS

DÍAS DE CAMPÁS E CAMPANEIROS

Cursos

O sábado 15 e o domingo 16 de Setembro, OS CHICHISOS organizan “DIAS DE CAMPÁS E CAMPANEIROS”. Con elo queren dar a coñecer tanto a arte de fabricación das campás como o sistema de comunicación que se produciu e que aínda se produce polo toque das mesmas (avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc.).

Tendo en conta que en todo o país só queda un obradoiro de fabricación de campás, totalmente artesán, con orixe en 1630, transmitíndose dende entón este oficio de xeración en xeración nunha mesma familia; e por outra banda cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tamén estamos a perder a costume de, ao escoitar, identificar o que se pretende transmitir.

Nº DE PRAZAS: 25
PREZO: 10 €
TELÉFONO DE RESERVAS: 676.842.942
LUGAR DAS ACTIVIDADES: IGREXA PARROQUIAL DE TOMEZA - PONTEVEDRA

Aquí tedes o programa O programa será o seguinte:

SÁBADO 15 DE SETEMBRO

MAÑÁN
10:00 h. REPIQUE DE CAMPÁS, chamamento aos participantes pro inicio das actividades.
- DOCUMENTAL:
“Proceso de fabricación de campás do Obradoiro Ocampo” de Rosa Mª Lede.

12:00 h. VISITA ao obradoiro “Ocampo artesáns campaneiros” de Badoucos, Arcos da Condesa, Caldas de Reis.

TARDE
17:00 h. CONFERENCIA
“A linguaxe tradicional das campás, un exemplo de patrimonio sonoro” por José Antonio Fidalgo. Profesor de antropoloxía social da Universidade de Vigo. Campus Universitario de Ourense.

18:30 h. CONFERENCIA
“ A campá: son de espiritualidade” por Rubén Aramburu Molet. Párroco de Santo Tomé de Piñeiro, Marín.

DOMINGO 16 DE SETEMBRO

17:00 h DEMOSTRACIÓN dos diferentes sinais e toques de campás por Gervasio González, campaneiro da Parroquia de Tomeza.

19:00 h. MERENDA para todas as persoas inscritas.