Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Alborada para Rosalía de Castro

Alborada para Rosalía de Castro

Varios

cartelalborada2022-1 web2

Dende a Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas e a Fundación Rosalía volvemos a organizar a Alborada para Rosalía de Castro, para o que facemos un chamamento a tódolas gaiteiras, gaiteiros, pandeireteiras, pandeireteiros, cantadoras, cantadores, bailadoras, bailadores,... e ó mundo da música tradicional en xeral, a dar unha Alborada de honra o Día de Rosalía neste 23 de febreiro tan especial, xa que será este ano o primeiro que se celebrará nesta data, despois de que o pasado 18 de xaneiro representantes de institucións culturais e educativas tomaran a decisión de mudar o Día de Rosalía ao 23 de febreiro logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixe a data de nacemento da autora. (https://rosalia.gal/o-dia-de-rosalia-pasa-a-celebrarse-o-23-de-febreiro/ )

Este ano, ao igual que o pasado, non poderemos celebralo como nos gustaría, mais sí poderemos saír tocar ás rúas, camiños, prazas, lugares simbólicos,… e desfrutar o Día de Rosalía coa alegría da música, coa esperanza da Alborada. Como di o manifesto “a meniña gaiteira de Rosalía saudaba o renacer de Galicia a unha nova idade. Saudemos con ela e coa súa Alborada que estamos nun tempo tamén de renacenza, celebremos que o millo medra e que cantan os paxaros ledos do novo día”. 

Como participar?

Grava un vídeo botando unha peza na honra de Rosalía (pode ser a Alborada de Rosalía ou outra que ti elixas), e logo compárteo nas redes sociais, entre o venres 18 e o día 23, co cancelo #AlboradaparaRosalía e etiquétanos a AGG (@aggtradiciongalega) e a Casa de Rosalía (@FundacionRosalia). Entra no mapa (https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/alaboradas-a-rosalia/ ) e coloca a túa localización. Se queres, tamén nolo podes contar por whatsapp ao tlf. 626705708  ou correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O día 23 compartiremos os teus vídeos para inundar as redes en homenaxe a Rosalía. 

Dúbidas? Mándanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Onde descargar a Alborada de Rosalía?

Letra:  https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/LetraAlborada.pdf

Partitura: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/PartituraAlborada.pdf

Manifesto: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2022/02/manifesto-alborada-2022.pdf

Anímate a participar e a difundir esta actividade para conseguir que non quede ningún recuncho de terra sen o son da nosa música na honra de Rosalía.

Viva Rosalía! Avante a Alborada!