Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) ORGANIZA A XXIII MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL DO DOMINGO DAS MOZAS.

A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) ORGANIZA A XXIII MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL DO DOMINGO DAS MOZAS.

Varios

carteldomingomozas2021web2A Asociación de Gaiteiras Galegas organiza de novo a que será a XXIII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de 15 grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega e da comarca Eo Naviega, e con distintas formacións (grupos de gaitas, pandeireteir@s, treboadas, murgas, etc... ) que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.

Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde no casco histórico da cidade, facendo pasarrúas por distintas prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.

Debemos facer todas e todos un exercicio de responsabilidade e cumprir as medidas de prevención vixentes evitando as aglomeracións para poder disfrutar desta mostra e ao mesmo tempo coidarnos e evitar contaxios.

Os Grupos participantes nesta edición son:

@s Retorcid@s (Pontesampaio)

As falas Eonaviegas (comarca Eo – Navia)

A Gaita de Galleto (Terra de Melide)

Berros do Castro (San Sadurniño)

De Pé Feito (Ourense)

Lubicáns (Ourense)

Pandeireteiras Ergutío (Baños de Molgas)

Pandeireteiros de Cántigas e Frores (Lugo)

Paraíso Canto (Ourense)

Sadeo Pandereteiras (Ponteareas)

Silva Redonda (Rianxo)

Son Galego Treboada (Gondomar)

Tumba e Dalle (Barreiros)

Pola mañá os grupos sairán ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do casco histórico, ata as 14:00h. Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 18.30 horas.

Tamén pola tarde, continuaremos gozando da música tradicional na praza de Santa María, xa que este ano, nesta XXIII Mostra, realizaremos de novo o Festival de música tradicional ás 18.00 horas cos concertos de Lulavai (Vigo) e Comando Curuxás (Comarca da Ulloa)!!!

Esta mostra, na que a AGG  xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.