Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / IX Xornadas arredor da música tradicional

IX Xornadas arredor da música tradicional

Varios

Cartel das Xornadas arredor da música tradicionalAGG organiza o vindeiro venres 24 e sábado 25 de setemboro, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e coa participación do Concello de Rianxo, a novena edición das Xornadas arredor da música tradicional, con relatorios de investigación vencellados á nosa cultura e a presentación novas publicacións e cuxo programa podes ver a continuación:

PROGRAMA:

VENRES 24 SETEMBRO

17.00 – Relatorio I

    “’De raíz galega’: os arranxos sobre temas tradicionais no concurso de Ponteareas (2010-2020)”. Marina F. Vigo.

    17.50 Quenda de preguntas

18. 00 – Descanso

18.30 – Relatorio II

    “A musette barroca: un achegamento ao instrumento e ao seu repertorio”. Nadia Vázquez

     19.20 Quenda de preguntas

  SÁBADO 25 SETEMBRO

10.30 – Relatorio III

    “A creación e evolución das formacións musicais populares no sur galego: ¿Unha experiencia extrapolable?”. Xerardo F. Santomé

    11.20 Quenda de preguntas

 11.30 – Relatorio IV

    “Aproximación á gaita e seu uso no Bierzo e Cabrera”. Diego Bello

     12.20 Quenda de preguntas

12.30 - Descanso

13.00 - Presentacións de publicacións

    13.00: “The Essence of our traditional sound”. Alexandre Cadarso

13.20 – Parada para xantar

16.30 – Relatorio V

    “A guitarra: instrumento tradicional galego”. Isabel Rei

    17.20 Quenda de preguntas 

17.30 - Presentacións de publicacións

    17.30: “Os Encantiños do Umia”. Carlos Rey e Cristian Silva. Ed. O Faiado da Memoria

    17.50: “A música e Mondariz: historia, personaxes e agrupacións”. Chiqui Bernárdez, Raquel Faro, Felix Rodríguez Míguez. Ed. Dos Acordes 

18.10 – Descanso

18.30 – Relatorio VI

    “A gaita de barquín, un instrumento olvidado”. Diego Alonso

    19.20 Quenda de preguntas 

LUGAR: PAZO DE RIANXIÑO (Rianxo) e EN LIÑA a través da páxina do facebook AGG facebook.com/AGGtradiciongalega

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o sábado día 18 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

Anímate a participar!!! Esperámoste!!!