Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / I Encontro de Zanfona de Lugo

I Encontro de Zanfona de Lugo

Varios

carteencontrozanfonalugo vertical_webA Asociación de Gaiteiras Galegas e a Área de Cultura do Concello de Lugo coorganizamos esta fin de semana o I Encontro de Zanfona de Lugo.

Este encontro, que encherá o casco vello de Lugo cos sons das zanfonas os días 17,18 e 19 de setembro, nace co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor á zanfona, facendo protagonista do encontro á súa música, ás escolas existentes no país, os cantos de cego e as novas propostas existentes co instrumento, dentro do panorama actual da música tradicional galega.

Programa do I Encontro de Zanfona de Lugo:

Venres 17 de setembro

18.30 h.: Actuacións de Rúa (Casco vello)

    • O CEGO E O CRIADO
    • OS CEGOS DA VENEIRA

20:30 h.: Concerto na Praza da Soidade

    • TUNDAL

Sábado 18 de setembro

12.00 h.: Concerto didáctico para nen@s na Praza da Soidade

    • LUIS CARUNCHO e CHUS FOLIQUEIRA

13:00 h.: Concerto na Praza da Soidade

    • MIRO CASABELLA

18:00 h. Actuacións de Rúa: (Casco vello)

    • O CEGHO DE MATAMÁ E ALDARIÑA DE CANDEÁN
    • ESCOLA CULTURAL MUNICIPAL DE ZANFONA DE NARÓN
    • ZANFONEIROS DA TRADESCOLA

20:30 h. Concerto na Praza da Soidade

    • PÄRBO

Domingo 19 de setembro

11:30 h.: Actuacións de Rúa (Casco vello)

    • MONIFATES
    • UXÍA MUIÑO
    • GRUPO DE ZANFONAS DA EIPG DE SUSO VAAMONDE

12:00 h. Actividada aberta na Praza da Soidade

    • AULA ABERTA DE ZANFONA DA MAN DE GERMÁN DÍAZ CON ALUMNADO DA TRADESCOLA (Lugo)

13:00 h. Concerto na Praza da Soidade

    • OBAL

*I M P O R T A N T E: Os concertos serán con entrada libre ata completar o aforo

Para máis información chamar aos teléfonos da AGG (982229966 / 626705708 / 986847074)