Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A AGG CELEBRA ESTE SÁBADO A XXVIII EDICIÓN DA MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL EN PARGA - GUITIRIZ (LUGO)

A AGG CELEBRA ESTE SÁBADO A XXVIII EDICIÓN DA MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL EN PARGA - GUITIRIZ (LUGO)

Varios

programafinalbaixaUn ano máis a AGG formará parte desta edición especial do Festival de Pardiñas para organizar a que será a "XXVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Esta mostra, consagrada como a máis antiga e importante da Península Ibérica, é hoxe un referente indispensable da música tradicional galega. Un lugar de encontro onde tod@s @s amantes da nosa cultura poderán gozar do traballo de preto de 30 artesáns e artesás que nos traerán unha amplísima variedade de instrumentos tradicionais como gaitas, requintas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiretas, trompas,...

Esta será unha edición especial cun formato diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e con todas as medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19. 

XXVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

 A apertura da Mostra será o sábado ás 11.30 horas e a continuación comezará o pregón ás 12:00 h. que nesta ocasión estará a cargo de Camilo Regueiro.

Camilo foi membro da Agrupación Berce de Ferrol adicada a tarefas de recuperación e promoción do patrimonio musical galego. Foi membro tamén do grupo Durindaina de Santiago de Compostela co cal gravou o disco do mesmo nome en 1995. É promotor de múltiples iniciativas no eido das novas tecnoloxías e a cultura galega, sendo o creador das Ciberirmandades da Fala e sendo uns dos promotores de Galego21, adicado nos comezos da internet galega a impulsar e albergar diversas iniciativas como a tradución de aplicacións ao galego ou o proxecto Ravachol, o primeiro portal adicado á musica tradicional galega en internet. É un dos promotores e actual Vicepresidente da Asociación PuntoGal, a asociación que conseguiu un dominio en internet para a lingua e cultura galegas, e actualmente é a encargada de xestionar o dominio.

Continuaremos ás 13.30 horas cunha ruada a cargo do grupo Os Bregadiers, unha formación brass band de experimentados músicos gallegos con grande calidade musical e artística.

As 17.00 horas, terá lugar a primeira das actuacións da tarde, que correrá a cargo de Galicia Fiddle, a asociación cultural cuxo obxectivo é promover o emprego dos instrumentos de corda na música tradicional galega, principalmente o violín folk.

A asociación naceu entre Vigo e Xustáns, grazas á paixón e á dedicación de Alfonso Franco, que aglutinou ao seu redor a un grupo de profesores e alumnos da ETRAD Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional. Mediante a autoxestión, Galicia Fiddle comezou a organizar obradoiros, cursos e diferentes actividades dirixidas a persoas de tódalas idades con inquedanzas polo noso patrimonio musical e doutras culturas.

A asociación conseguiu acadar os medios e a difusión necesaria para levar a cabo con éxito os encontros musicais Encordass e SanSimónFiddle de forma anual na excepcional contorna que ofrece a Illa de San Simón.

A xornada do sabado contará tamén ás 19.30 horas co concerto do grupo da provincia de Lugo Airiños da Freba, que despois do traballo discográfico O’de Lacón que nos deron a probar hai tres anos, e postos a continuar co “menú” de músicas inspiradas nos cuartetos, conxuntos, bandas e orquestras lucenses de mediados do século pasado, virán a presentarnos o seu segundo traballo Con grelos.

Poderemos comprobar que a colleita foi ben abondosa: isto é debido ao gran tamaño e riqueza do “nabal” do noso patrimonio etnomusical, no cal tamén incluíen a emigración en Arxentina e Barcelona.

O programa da mostra é o seguinte: Sabado 7 de agosto 2021artesans mostra . - copia

11.30 horas – Apertura da mostra
12.00 horas – Pregón – Camilo Regueiro (aforo limitado)*
13.30 horas – Ruada co grupo Os Bregadiers

14.00 horas – Xantar
17.00 horas – Apertura da mostra

17.00 horas - Actuacións de Galicia Fiddle (aforo limitado)*
19.30 horas – Concerto – Airiños da Freba (aforo limitado)*
21.00 horas – Peche da mostra

*I M P O R T A N T E

Para ASISTIR aos CONCERTOS e PREGÓN (aforo limitado)

Será necesario estar rexistrado previamente!!!

Correo ē para apuntarse:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Datos necesarios:

NOME e APELIDOS

TELÉFONO

Indicar claramente NOME/S do/s CONCERTO/S aos q se quere asistir.

Imprescindible estar no punto 30 minutos ANTES do evento para recoller ACREDITACIÓN.

De non ser así, a partires desa hora esas localidades quedarán dispoñibles para outros asistentes ata completar aforo.