Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA CELEBRA HOXE OS MAIOS COS SEUS ALUMN@S NO CENTRAD

A TRADESCOLA CELEBRA HOXE OS MAIOS COS SEUS ALUMN@S NO CENTRAD

Varios

cartaz maios-01 -pqHoxe martes, 18 de maio, celebraremos os maios cos nenos e nenas da Tradescola e darémoslle a benvida á primavera cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional.

A partir das 16.00 horas terá lugar a elaboración dos maios figurados a cargo das/os nenas /os que se recubrirá con fiuncho, herbas e frores silvestres (No Centrad).

A continuación, alumnas/os e mestres da Tradescola ofrecerán distintas actuacións nas que disfrutaremos de numeroso repertorio tradicional cantado e bailado ao redor dos maios.

*(nesta ocasión, a celebración non pode ser aberta ao público por mor da Covid 19)