Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Proxección do documental "Dorothé na vila" en Lugo, organizado pola Tradescola

Proxección do documental "Dorothé na vila" en Lugo, organizado pola Tradescola

Varios

 

dnv lugo pqDende a Tradescola, e coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo, achegámosvos a posibilidade de disfrutar cunha nova actividade de moitísimo interés para tod@s @s que gozamos da cultura tradicional. Trátase da proxección do Documental “Dorothé na vila” de #AlejandroGándara e #OlaiaTubío.

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as case 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a compilación e clasificación máis importante de músicas de tradición oral no país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. É un traxecto no que convive a alegría de volver cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece.

Proxección do Documental “Dorothé na vila”

Lugar : Centro Cultural O Vello Cárcere - Lugo
Data 17 decembro 2020
Hora: 19.30 horas

A actividade será de balde, previa reserva e ata completar aforo.
Reservas: enviando un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos, DNI, un teléfono de contacto e mail.

Sobre os autores: Dorothé na Vila é o primeiro documental de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, xornalistas de formación e afeccionadas á música e o baile tradicional. O filme foi estreado o 27 de agosto na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego. En 2019, recibíu o premio Luisa Villalta a proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña.
Ademais, no 2016 Alejandro e Olaia impulsaron, xunto a Raquel Cecilia e David Fontán, o proxecto Punto e Volta de entrevistas sobre música tradicional.
Podedes ver o trailer en: https://www.youtube.com/watch?v=TQTGafyl6mw