Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Xornadas de Baile tradicional - AGG - 13 decembro - Vedra

Xornadas de Baile tradicional - AGG - 13 decembro - Vedra

Varios

cartaz xbailedeco_2020_web - pqO vindeiro domingo 13 de decembro a AGG organiza unha nova edición das  Xornadas de Baile tradicional galego para tod@s os amantes do noso baile que terán lugar na Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra.

Nestas xornadas, patrocinadas pola Deputación da Coruña e que contan coa colaboración do Concello de Vedra, contaremos con relatorios - obradoiros guiados por Diego Landín, Carolina Brut, Julia Pozo e Luis Prego.

Os obradoiros destas xornadas (non son de iniciación) están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.

PROGRAMA XORNADAS DE BAILE

10.15 - Apertura

10.30 – Relatorio - Obradoiro I

                 “Acondicionamento físico na danza tradicional: quecemento, estiramento e prevención de lesións” - Diego Landín – Carolina Brut

12.00 – Descanso

12.10 - Relatorio – Obradoiro II

                 “O xeito de bailar en S. Pedro de Carcacía - Padrón” - Julia Pozo.

13.45 – Remate sesión da mañá

16.30 - Relatorio – Obradoiro III

                 “O xeito de bailar en Zobra” - Luis Prego

18.00 – Remate sesión da tarde

LUGAR: Nave da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra.

DATA: Domingo 13 de decembro

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail. 

(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o mércores día 9 para inscribirse, e a partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.

#aculturasegue