Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Tradescola participará o 25 N na performance Badaladas por Mulleres, coordinada por Branca Villares

A Tradescola participará o 25 N na performance Badaladas por Mulleres, coordinada por Branca Villares

Varios

descarga 1 1Hoxe 25 de Novembro na Praza de San Marcos (Lugo) ás 19 h, e o día 30 de Novembro, no Vello Cárcere de Lugo as 20.30 h, terán lugar as postas en escea da performance "Badaladas por Mulleres", dirixida por Branca Villares e na que participarán alumnas de canto tradicional da Tradescola, Pablo Pintor (zanfona), Alis Martínez (violonchelo) e contará tamén coa participación dos bailarins de Colectivo Glovo.

Badaladas por mulleres é un medio para visibilizar un traballo moito mais longo e profundo: Segundo palabras de Branca Villares: "Levamos tres cursos (este é o cuarto ano) realizando labores de revisión e discusión en aulas do noso cancioneiro tradicional e popular, detectando e discutindo os aspectos que poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres ou que dalgún xeito contribúen a perpetuala e a normalizala."

Este proceso constou de numerosas sesións de posta en común e discusión co alumnado de canto tradicional, e intervencións
culturais posteriores en distintos espazos públicos, centros de ensino, locais socioculturais e diferentes contextos.

Un traballo colectivo de mais de 60 mulleres ( e algúns homes tamén) que propón unha revisión do cancioneiro tradicional e popular, para reflexionar sobre os aspectos que poden supoñer apoloxía da violencia contra as mulleres .

O venres 27 Novembro ás 20.30 horas Branca Villares realizará a ponencia "O pouso da violencia contra as mulleres no cancioneiro" no Vello Cárcere de Lugo.