Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O vindeiro Recuncho da palleta estará adicado a Roxelio de Leonardo Bouza

O vindeiro Recuncho da palleta estará adicado a Roxelio de Leonardo Bouza

Varios

lumepalleiraEste domingo, o "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contará con Xaime Estévez que nos falará de Roxelio de Leonardo Bouza, un dos compositores para música de gaita máis renovadores do século XX.

O cedeirense Roxelio de Leonardo Bouza(1903-1980) foi un dos compositores para música de gaita máis renovadores do século XX , ducias de gravacións e agrupacións como Muxicas, Xiada , Manxadoira, Robaleira,Noitarega ou Albaroque inclúen as súas obras nos seus repertorios.

A súa relación co gaiteiro Emilio Corral e o Artesán Antón Corral foron esenciais para difundir a súa obra que segue a ser utilizada neste século por novos grupos e formatos. Obras súas como Abrente en Cordobelas ou Fandango Muradán ou Lembranzas da vila de Ortegán forman parte do repertorio de moitos gaiteiros, incluido Ricardo Portela.

O seu xeito compositivo ten un selo moi especial, de todo isto falaremos no próximo recuncho no que trataremos tamén a curiosidade do Septimino de gaitas da súa autoría e que grazas a Antón Corral foi gravado  polo grupo didáctico da Universidade popular de Vigo en 1987  anque editaríase  trinta anos despois acompañando ao monográfico deste mestre editado pola editorial Canela.

Un recuncho moi especial onde redescubriremos a un dos compositores galegos para gaita máis sobresaintes da historia recente. Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.