Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A AGG reclama un protocolo propio que regule as escolas de baile e música tradicional

A AGG reclama un protocolo propio que regule as escolas de baile e música tradicional

Varios

novo logo agg peq 2Dende a Asociación de Gaiteiras Galegas recoñecemos a necesidade de primar a saúde por riba de calquera presión económica. Dito isto, a propia OMS indica que a saúde é “un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”. Os beneficios na sociedade do sector da música e o baile tradicionais fan del, polo tanto, unha actividade esencial. Como pode ser, entón, que sufra semellante abandono por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade?

O DOG do 4 de novembro, nº 223/bis deixa na man dos concellos, como responsables da saúde dos seus habitantes, a decisión de pechar ou non os locais públicos. É aquí onde comeza a problemática: por un lado, gran parte das mestras e mestres de baile e música tradicionais son traballadoras legais (xa sexan autónomas ou empregados dunha escola); por outro, os locais onde exercen a súa actividade son en meirande medida públicos, cedidos polos propios concellos, escolas ou outras entidades. Na actual regulación esta casuística non se contempla. As categorías nas que podemos asumir a docencia do baile e a música son os centros privados de ensinanza non regrada (pola actividade realizada) e os centros socioculturais (polo lugar de traballo). Os concellos, en moitas ocasións, deciden ante a falta de claridade na normativa tomar a decisión máis restritiva: pechar os locais públicos.

As esixencias son claras: un protocolo específico para as escolas de música e baile tradicionais nos que se aclare en que condicións podemos seguir operando. Reclamamos que se recoñeza tanto a importancia do sector como a exemplaridade na acatación das medidas preventivas, e que estas se regulen en función da singularidade inherente ó mesmo.

 

Par