Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O vindeiro Recuncho da Palleta na memoria de Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón

O vindeiro Recuncho da Palleta na memoria de Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón

Varios

lumepalleiraEste domingo, o "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, lembrará a Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón, no centenario do seu nacemento. Xaime Estévez  será o encargado de amosarnos a súa música, e a historia do que foi un dos gaiteiros máis senlleiros da segunda metade do século XX, fundador e primeiro presidente da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.