Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A AGG organiza as VII Xornadas de baile tradicional en Lugo

A AGG organiza as VII Xornadas de baile tradicional en Lugo

Varios

cartaz vii_xbailelu_webA AGG organiza o vindeiro domingo 25 de outubro no CENTRAD (Lugo), unha nova edición das xornadas de Baile Tradicional, que nesta ocasión nos achegarán ós puntos propios do Maneo no Concello de Laracha , o baile en Queimadelos e o baile solto en Forcarei.

Os obradoiros correrán a cargo de profesionais no mundo do baile tradicional como Marina Torrado, Nuria Gesteira ou Pedro Brañas.

Estas xornadas, organizadas pola AGG en colaboración coa Xunta de Galicia, constitúen sen dúbida unha cita ineludible, non so para todas aquelas persoas que traballan no entorno da baile tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis das nosas tradicións.

A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

PROGRAMA:

11.45 - Apertura

12.00 - Relatorio-obradoiro I: “O Maneo no Concello de Laracha”. Impartido por Marina Torrado

13.30 – Xantar

16.00 - Relatorio-obradoiro II: “O baile en Queimadelos. Diferencias e similitudes co resto do concello de Mondariz”. Impartido por Nuria Gesteira

17.30 – Descanso

18.00 - Relatorio-obradoiro III: “O baile solto en Forcarei”. Impartido por Pedro Brañas

A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.